Carme cóntalle a seu pai a chamada que recibíu na casa, preocupada polo ton ameazante, e Carlos tranquiliza á filla contándolle que se trata dun cliente da xestoría descontento e que non ten importancia. Pero Carme non termina de crelo e cóntalle todo a súa nai. Carlos recibe unha chamada de Urco, pedindo os documentos que o comprometen e que están no ordenador de Laura. Carlos non accede á petición de Urco ameázao outra vez. Doutro lado, Lucio e Brais propóñense como reto persoal facer rir a Raquel e proban con todos os recursos que se lles ocorren, pero Raquel é imperturbable... ata que Lucio decide convidala a cear. Mentres tanto, Fran intenta ter unha aventura con Marta pero ela rexéitao e non sabe se contarllo ou non a Silvia, así que lle pide consello a Carlos, quen decide contarlle a Silvia que Fran intentou learse con Marta.