A primeira das historias de hoxe ten lugar en Xermade (Lugo), onde se coñecerá os Carballo Pena, unha familia de seis membros que abarca tres xeracións e que fixeron da gandería o seu negocio familiar. En Boborás (Ourense) descubrirase os Nogueira Corral. Ángel e Marisol son unha parella con dúas fillas de 24 e 9 anos que desde sempre tiveron claro que querían vivir e traballar no rural. De Ourense a Vila de Cruces, en Pontevedra. Alí vive Chus unha viúva nova que vive coa súa sogra e coas súas dúas fillas: Iria, de dez anos, e Lara de oito.  O programa de hoxe pecharao unha familia de campións: Os Ayude. José e Marta teñen tres fillos Arón, Cora e o benxamín Nahum. O curioso é que todos eles son campións de España de kickboxing.