Catro historias de película. A primeira, en Vigo, onde vive unha parella que é a proba de que o amor non ten idade. Lucho e Yohana lévanse 22 anos, pero esa circunstancia non impediu que formasen un fogar con cinco fillos e un máis en camiño. Cal é o truco cando un ten que atender un negocio e ten familia numerosa? “Onde Collen Dous” tamén viaxa ata Ourense para coñecer os Rodríguez Rodríguez. Eles son David, Ana Belén e as súas dúas fillas: Estela, de dez anos, e Martina, de catro, un clan que fixo da Real Banda de Gaitas de Ourense todo un xeito de vida.  Os Puñal Montero viven en Santiago de Compostela e teñen dous fillos pequenos: Nerea, de dous anos, e o acabado de chegar, Enzo, de só uns meses. O curioso desta familia é que conviven cos avós maternos. Unha casa, dous fogares e unha soa familia. En Fofán, na provincia de Pontevedra, vive unha parella que naceu dun auténtico frechazo. Mónica cambiou Londres por Meis, casou con Juan Manuel, tivo un segundo fillo e montou un negocio,