Lucía é unha nai solteira que decidiu ter un fillo mediante inseminación artificial. A súa familia, unida coma unha tribo, é ofrece o apoio necesario para coidar e educar a Xoán, un meniño que naceu prematuro e que é o único bebé da parroquia. A familia Lorenzo García está integrada por tres xeracións de mulleres que decidiron ser nais moi novas. A historia da familia Romero Yáñez está marcada pola actitude vital de Lucía, unha nai coruñesa que afronta os seus problemas con optimismo e naturalidade. Na provincia de Pontevedra, concretamente en Sanxenxo, coñecemos os Infanzón Sabarís, unha familia que dedica a súa vida aos nenos, e non só ás súas fillas. Mandi, educadora infantil de profesión, e Alejandro deixaron a vida que tiñan en Mallorca por volver a Galicia ao lado da familia para criar as súas dúas fillas, Marta e Alba.