A viaxe comeza na provincia de Pontevedra, onde vive unha familia de deportistas: os Sánchez, a quen une a paixón polo balonmán. Tres xeracións conviven na casa que con tanto agarimo e traballo fixeron os avós en Chapela, a cal comparten con dous dos seus fillos e as súas respectivas familias.  En Vilar de Santos agardan os Quintás Rodríguez, Fernando e Carmen optaron por montar o seu negocio en casa, unha panadería no rural situada nunha casa familiar con moita historia. Esta familia fai as súas fragrancias, o seu pan e apostan por un xeito de vida alternativo en que a natureza ten un lugar privilexiado e as súas dúas fillas pequenas Noa e Nía medran felices nesta contorna. En Lugo encontramos dúas familias de República Dominicana que están a piques de independizar os seus camiños. Anlly e a súa irmá Ana trouxeron a parte dos seus a Galicia e conviven todos baixo o mesmo teito. Pero eses non son os únicos seres queridos que teñen os Araújo en Lugo, que atoparon no Banco de Alimentos e