O programa vai a Cangas, en Pontevedra, para coñecer a Eva, unha muller cunha prioridade clara: formar unha familia. Tras romper cunha parella que non tiña o mesmo obxectivo ca ela, Eva decidiu ser nai solteira. Agora goza cada día da maternidade cos seus dous fillos: Amaro, de tres anos, e Mariña, unha pequena recentemente chegada de só dous meses.  O equipo do programa desprázase a Lires, na provincia da Coruña, onde están os Canosa Trabas, unha familia numerosa que vive e traballa no mesmo lugar: o seu hotel. Coñecemos tamén os Díaz Fraga, que teñen que solucionar o problema de espazo na vivenda; e os Iglesias Gil de Ourense, que en menos de dous anos mercaron e reformaron a casa para adaptala aos seus nenos.