O programa comeza o percorrido en Arteixo, máis concretamente na parroquia de Armentón, onde vive a familia Shalabi López, unha familia moderna que decidiu que o rural era o mellor lugar para traer ao mundo a Nasser, de 13 anos, a extrovertida Laila, de 6, e o pequeno Xián, de 21 meses. Luis e Halimah son os anfitrións deste fogar que ten a cociña por vocación e que, desde hai uns meses, fai un menú semanal que divide con outra familia para aforrar na compra. En Burela vive a familia Méndez Alves, integrada por unha parella caboverdiana moi ligada ao mar. Joao Enmanuel e Yolanda  teñen un fillo, Tihai, e con el non hai tempo para o aburrimento. O pequeno leva tempo pedindo un peixe para o seu acuario. O programa preséntanos tamén a Alba e Cou e o seu bebé e á familia Alvite Torres.