A TVG emite a Ofrenda Nacional ao Apóstolo, co desfile de autoridades ata o interior da Basílica, a solemne misa e o acto da Ofrenda que realizará a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo como delegada rexia. A Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago é unha cerimonia instaurada en 1643 por Felipe IV, que ao longo dos anos mantivo a tradición de que reis, xefes de Estado e persoeiros das máis altas responsabilidades invocan ao patrón de España os beneficios divinos para as tarefas humanas.