Retransmisión en directo da Ofrenda ao Apóstolo Santiago desde a catedral compostelá. Este ano,  o acto aporta dúas novidades. Por unha parte, é a primeira vez que a realiza, por delegación real, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Angel Santalices, xa que tomou posesión do seu cargo o pasado mes de xaneiro. Por outra, coincide cun ano santo especial instaurado pola Igrexa: o ano da Misericordia. A Casa Real delegou tamén no presidente da Cámara galega para que sexa a autoridade que presida todos os actos oficiais que se celebran na capital, tanto militares coma civís, coa recepción ao goberno e autoridades galegas, e relixiosos, como a citada Ofrenda que se celebra na basílica capitalina.