Na expresión musical de Muxía está presente o poema de García Lorca “Romaxe de Nosa Señora da Barca”, e fan del unha interpretación moi singular o grupo Abaladeiras de Muxía, e o seu director Felipe Sar fálanos do que representa para eles. Tamén queremos saber da devoción que hai en Muxía entre as súas xentes do mar, e imos falar cos mariñeiro Ramón Búa, xa está retirado, e con Josecho Martinez, tamén con longa experiencia no mar. Un grupo emblemático é Marful e tamén interpretaran unha versión do poema. Pero porque Lorca dedicou un poema á Romaría da Virxe da Barca? Disto falamos con Antón Castro, que comentará varias teorías. Charo Vázquez dirixe a Coral Polifónica de Muxía e nas súas voces escoitaremos o poema, e Charo contaranos que representa para eles. E o primeiro en musicalo foi o cantor Amancio Prada, fundamental na música galega