Coñecer o mar e os barcos e non ter medo a morrer di a Foliada mariñeira que son as cualidades para ser bo mariñeiro e engadimos para ser tamén boa mariñeira. En Cabo de Cruz Nunca e Tarde, van interpretarnos o tema, e que significa para elas no lo vai contar Ybonia Sireira. Tamén en Lira son bos e boas mariñeiras e ímolo saber coa musica dos Gaiteiros de San Mamede. Unha muller do mar que leva no corazón o amor polo mar e o oficio de mariñeira é Geno Maneiro. E mariñeiros dos que teñen salitre nas veas son Pizzano e Antonio, que canta na taberna In en Espasante. A Susana Silva fervelle o mar nas veas e no corazón e traballa de mariscadora en Cabo de Cruz. Raquel Souto xa sabe do mar o que o mar non sabe de si mesmo, mariscadora a flote e mariñeira no mar de Arousa. E no mar de Muros os compoñentes de Ximiela cantan e bailan para transmitir o ser dos bos mariñeiros e mariñeiras da súa ría.