O universo mariñeiro do Berbés tamén é un universo musical. Os traballadores e veciños do Berbés teñen composto moitas cancións que falan del, como Moncho Soto que compuxo a Muiñeira do Berbés para o grupo de música tradicional Abóbriga. A memoria viva do Berbés gárdaa no seu corazón Loli Hernández, que formou parte das Cantareiras do Berbés, e acompañada por Belén Garrote van cantarnos dende o centro deste universo. A memoria mariñeira deste porto está nas lembranzas de Isidro Ambrosio. Fiz Axeitos naceu no barrio e segue vivindo nel, coa firma convicción de que nunca irá vivir a outro lugar. Imos sorprendernos co canto ao Berbés de Boney M e Os Diplomáticos de Monte Alto. Luís Prego é o director do Orfeón Mariñeiro do Berbés, e con el imos falar da música deste barrio e escoitar as voces do Orfeón cantando a este mar