É de xustiza recoñecer o traballo que, para a xustiza e na administración de xustiza, fixeron e  están a facer nestra crise sanitaria do coronavirus milleiros de persoas en Galicia durante a pandemia, especialmente aqueles relacionados con garantir os dereitos dos cidadáns e coa atención ás vítimas. Durante estas duras semanas houbo departamentos que non pecharon en ningún momento, por exemplo os xulgados de garda ou os rexistros civís. Os xulgados, en xeral, tiveron que adaptarse ás medidas de seguridade e hixiene, pero tamén ao teletraballo e a desenvolver o labor mediante videoconferencias ou, preferentemente, con citas previas.