Se hai unha terra na que a socialización festeira sexa sinónimo de festa con orquestra, esa é Galicia. Na nosa comunidade autónoma temos censadas aproximadamente 150 orquestras e delas vivían, ou viven, case 3.000 profesionais. Para eles os últimos meses, como practicamente para todos os sectores, foron moi duros, pero agora ven como neste verán quedan practicamente canceladas todas as súas actuacións pola anulación de festas, especialmente nos concellos. E por iso, están a pensar nunha pequena reconversión: pequenos concertos en formato máis pequeno con menos membros e con máis distancia social poden ser só un parchiño, igual que o tema das redes sociais ou das novas tecnoloxías que son unha axuda para que o público non os esquezamos. Abren xa a porta á vindeira temporada de orquestras, a 2021.