Se nalgún espazo se nota se hai ou non actividade nun lugar é nas estradas. E cando se circula, tarde ou cedo hai que recargar. É por iso que as gasolineiras e estacións de servizo foron e son bos escaparates do que está pasando coa pandemia da Covid -19. Desde que rematou o estado de alarma e se permiten os traslados entre comunidade, o tráfico aumentou considerablemente nas estradas galegas. É por iso que as gasolineras e estacións de servizo están xa aos cento por cento.