Visitamos un grupo de mulleres en Ourense que nos serven de exemplo de como moitas familias se están reencontrando despois de meses sen verse por mor do confinamento decretado co estado de alarma provocado polo coronavirus da COVID-19. Son reencontros de familias, de amigas, de compañeiras de asociacións ou agrupacións de todo tipo...son esas persoas as que tivemos que deixar de ver para protexelas.