“O final do Camiño” recrea os convulsos anos da construción da catedral de Santiago, entre 1075 e 1120, a través da vida de tres irmáns e as súas relacións con distintos personaxes históricos. A serie arranca en Catoria, logo de que un ataque sarraceno arrase a vila. Gonzalo, de 14 anos, consegue salvar ao seu irmán Estevo, de dez, pero non pode impedir o asasinato da súa nai nin o secuestro do seu irmán Pedro, de 12, por guerreiros musulmáns. Os dous cativos viaxan cos superviventes do ataque a Santiago, onde se está a comezar a construír a catedral.  Dez anos despois, Estevo traballa como aprendiz baixo as ordes de Bernardo o Vello nas obras do templo, que xa toma forma. Soña con ser construtor, pero parece carecer de talento necesario, ata que un misterioso monxe lle comeza a facilitar solucións arquitectónicas nunca vistas. Gonzalo, pola súa banda, é xefe da Garda do bispo de Compostela, Diego Peláez, e está casado con Elvira, a boticaria da cidade. Pese ao ben que lle van as c