“O Faro: a ruptura”  afonda na relación de amor entre Ricardo e Lucía, que ao longo dos máis de 250 capítulos que se levan emitidos, xa pasou por todo tipo de situacións. A súa historia ten enganchados milleiros de espectadores, que cada tarde seguen os seus encontros e desencontros.  Na actualidade, unha nova personaxe entrou no Faro e vai ser determinante nesta relación, que, despois de que Ricardo finxise o secuestro do seu propio fillo, non pasa polos seus mellores momentos. Eva, a curmá de Lucía, chegou ao Faro dun xeito casual, pero pouco a pouco vai coller máis protagonismo ata o punto de que se achegará tanto a Ricardo que porá en perigo a súa relación coa protagonista da serie.  Este programa especial, de 80 minutos de duración, fará un repaso polos momentos clave da historia de amor máis apaixonante da Televisión de Galicia e, ao mesmo tempo, ofrecerá secuencias aínda sen emitir que os espectadores verán nos vindeiros meses e que  darán importantes pistas de por onde vai