Serie documental de entretemento, en que un aventureiro moi ameno -con boina, zurrón e iPad- séguelles a pista de episodios singulares da nosa historia para botar luz sobre eles. Esta serie da produtora coruñesa Vudú Films para a canle autonómica, que consta de oito capítulos de 50 minutos de duración, está dirixida, guionizada e realizada por Ricardo Llovo e Joaquín Pedrido. O actor Sergio Zearreta encarna a “O Explorador”, un divertido e intrépido “historiador de a pé”. No seu percorrido, indaga sobre feitos históricos de diferentes épocas, dos que case todos temos un coñecemento xenérico, pero que, a pouco que se fixe a mirada, seguen a albergar zonas de sombra, espazos escuros ou recunchos curiosos nos que aínda ninguén mirou. “O Explorador” é unha persoa corrente, inxenua pero intelixente. Alguén dotado de sentido común, pero empeñado nunha misión especial: corrixir erros históricos ou desterrar lugares comúns da nosa historia. Sempre disposto a saír na procura dun dato ou