A Guarda é un das seis confrarías galega nas que a Patroa Maior é unha muller. A porcentaxe de patroas maior non chega ao 10 por cento, nada representativo da importancia da muller no traballo do mar. A Patroa Maior da Guarda é Silvia Crespo, traballa nas rochas do mar apañando percebe e ourizo e hoxe imos acompañala á marea do ourizo. Silvia empeza o día almorzando co seu home, compañeiro na súa viaxe vital José, comparte o que vai ser o día, o traballo que van facer cada un. Son unha familia moi compenetrada, teñen dous fillos maiores que xa non viven na casa. E Silvia sente moi apoiada por todos eles, sen a compresión da familia non podería desenvolver o traballo de patroa maior.