A realidade mariñeira é unha realidade moi familiar. Nas xeracións anteriores era común que as familias estivesen compostas por moitos fillos, e isto xa non é tan común na actualidade, pero na familia mariñeira de Gena Silva a tradición segue cumpríndose. Gena é mariscadora na Confraría de Raxó e ten tres fillas e un fillo. Na zona marisqueira e na súa casa vainos contar a súa historia. Gena é herdeira do oficio de mariscadoras directamente da súa nai, e xa antes as súas dúas avoas foron mariscadoras, aínda que ela tardou en empezar a traballar no mar. Participa da problemática do sector pero certo é que o de mariscadora é un oficio que se adapta a conciliación familiar, permitíndolle desenvolver a súa labor de nai, que entendemos complexa con catro fillos de idades moi dispares.