A industria bateeira é un dos sinais de identidade da Ría de Arousa e da industria pesqueira de toda Galicia. A hoxe non atopamos moitas mulleres traballando nas bateas pero anos atrás foi unha actividade exercida por unha porcentaxe alto de mulleres. No porto de Cabo de Cruz atopamos á familia bateeira de Celia Herbón. Ela ten só 27 anos, e unha gran paixón mariñeira, polo que representa un futuro feminino para ao mar. A familia bateeira de Celia a compoñen o seu pai Ricardo e a súa nai, tamén Celia, hoxe van a dúas bateas, á primeira para encordar mexilla, a cría do mexillón e a outra para subir algunha corda e comprobar como vai medrando o mexillón. Aínda que poda parecer o contrario, os pais de Celia agardaban un futuro distinto para ela. Pero Celia tivo dende moi nena a intención de traballar o mar, e tivo que intentar convencelos e o conseguiu.