Galicia é un país de percebeiros pero tamén de percebeiras, en moitas confrarías como Aguiño, Ribadeo, A Guarda, Baiona... o número de mulleres dedicadas ao percebe é moi elevado, pero no porto de Cangas do Morrazo, a día de hoxe, só traballan dúas percebeiras son Sara Pastoriza e Andrea Prieto, están iniciándose no oficio e representan o futuro das mulleres percebeiras neste porto. Con Andrea Prieto imos ir as rochas percebeiras e a coñecer a súa vida familiar. Andrea Prieto traballa co seu home Pablo Vidal, que empezou ao percebe co pai de Andrea, Álvaro Prieto, que tamén traballa con eles, e está ensinándolle o oficio a Andrea.