As concursantes do programa “Nin Fadas Nin Princesas” visitan esta semana o “ceo” de Rosa Mari. Na pequena localidade pontevedresa de Donón, as rapazas gozan das impresionantes vistas da súa casa e das actividades que ten preparadas para elas. O mar é un dos grandes protagonistas, xa que a anfitrioa é unha grande afeccionada á pesca. Para comezar, unha viaxe en barco desde Vigo pon en situación as concursantes. Rosa Mari destaca pola súa enerxía e o seu sentido do humor, que intenta contaxiar ás súas compañeiras cunha peculiar clase de teatro. As rapazas teñen que soltarse e perder a vergoña, pois hai puntos en xogo. Para a cea, Rosa Mari prepara unha ambientación típica e pesqueira, en que non faltan redes como decoración e cuncas para o viño. Como non podía ser doutra forma, os sabores do mar caracterizan o menú. Percebes, navallas e empanada caseira para ir abrindo boca e, como prato principal, un polbo á feira que pescou ela mesma e que reservou con moito mimo para este día. Para