Patricia Carballal é profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e quen descubriu “Perder e saír gañando”, un dos manuscritos da escritora galega Emilia Pardo Bazán. Unha grande pescuda froito dunha intensa investigación. Esta investigadora e profesora estará como convidada no “ZigZag Eirado”. O seguinte convidado á mesa do “ZigZag Eirado” é o experto en cine da Galega, Moncho Lemos.  O xornalista fará un percorrido polos filmes e actores galegos que esta semana fan de embaixadores no festival de cine de Donosti.  No apartado de “Actualidade Musical”, o “ZigZag Eirado” falará do grupo vigués “Transilvanians” e dos exitosos “Monoulious DOP”. Ambos os dous grupos están acadando grandes éxitos con milleiros de descargas e reproducións na plataforma YouTube. Por outra banda, tamén contarán co cantante folk de autor Miguel Alonso e o seu tema “A raíña do Vento”.