Propoñémosvos facer un dos saltos de Bungee Jumping máis altos do mundo, o que se inaugurou esta primavera no encoro da Llosa do Cavall. Desde unha estrutura montada sobre a parede da presa hai unha caída de 122 metros. Despois mergullarémonos nas illas Formiga, en plena Costa Brava, onde hai todo tipo de peixes e tamén os restos dun barco. No apartado de competición veremos como foi o ultra maratón de montaña chamado Madeira Skyrace con españois no podio, para finalizar cunha carreira bianual moi peculiar a través dos Alpes.