Esta semana propoñémosvos coñecer e percorrer, aínda que sexa só un tramo, a chamada "Ruta das Anduriñas", situada entre as comunidades de Navarra e Aragón. Unha ruta que recorda a emigración estacional que facían moitas mulleres que vivían nesta zona do Pireneo para poder traballar. Despois desprazarémosnos máis ao oeste, cara ao  País Vasco, para visitar a magnífica cova de Mairuelegorreta , ideal para a iniciación na espeleoloxía e un percorrido altamente recomendable para calquera amante da natureza. No apartado de competición veremos como foi a Swiss Epic, unha carreira de bicicleta de montaña onde tivo un papel destacado un equipo español. Finalizaremos en Rusia, con espectaculares imaxes de escalada desde unha rexión remota da Siberia.