Máis dun mes levan os alumnos de todos os niveis educativos sen poder ir a clase. Esta situación fixo que docentes e estudantes tiveran que adaptar o seu xeito de impartir coñecemento e de recibilo. As clases online son unha realidade hoxe en día, pero non todas as nenas e os nenos poden acceder a elas como cumpriría. Por iso nace Universitarios contra a pandemia, un proxecto do que imos falar con Mariña Cagide.