Estamos xa pensando na desescalada, que cada vez vemos máis preto, logo de coñecer esta semana o plan que propón o Goberno; comezará coa fase 0 mañá luns día 4 de maio. Non somos en España os únicos europeos nesta situación. Á marxe dos nórdicos, que xa nos levan vantaxe, varios países do noso arredor viven nun panorama semellante respecto do coronavirus. Imos coñecer cal é o de Francia, da man de Elena Gómez, galega que vive en Nantes.