Arredor dun 2 % dos galegos infectáronse coa covid-19. Son datos da segunda vaga do estudo serolóxico que publicaba hai uns días o Ministerio de Sanidade, un informe que tamén revelou que un terzo dos contaxiados foi asintomático. Queremos analizar estes datos e tamén o que nos agarda nesta desescalada convivindo co coronavirus co xefe da unidade de Enfermidades Infecciosas do CHUAC, Enrique Míguez.