É a noticia da que está pendente todo o mundo. E non é un dicir, o coronavirus de Wuhan, a cidade chinesa en que se atopa a súa orixe, deixa polo menos 56 mortos naquel país e un número de contaxiados superior aos 1.700, pero, ademais, xa se rexistraron unha trintena noutros países, entre os que están os Estados Unidos, Australia ou Francia, os primeiros casos en Europa. Aquí, en España, estudáronse tres posibles enfermos, pero finalmente ningún deles padecía este virus. Imos falar de todo iso con Alejandro Conde, especialista en medicina preventiva e membro da Sociedade Española de Medicina Preventiva e Saúde Pública.