Prohibidas as mascotas e, malia que pareza incrible, prohibidos os nenos. Os prezos dos alugueiros, cada vez máis elevados, non son o único obstáculo co que se atopan moitas familias que buscan vivenda en alugueiro.. Ter animais, ser músico profesional, por aquilo do ruído, ou mesmo ter fillos é nalgúns casos un problema engadido. Condicións ou requisitos que se engaden nos anuncios e que poden ilegais ou canto menos abusivos. De arrendamentos imos falar con Bibiana Isorna, avogada, e con Antonio Maigler, vicepresidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia.