Son un dos colectivos máis vulnerables ante esta crise sanitaria que estamos vivindo. Os maiores teñen un alto risco ante o contaxio deste coronavirus e a preocupación aumenta se falamos de residencias e centros da terceira idade. Galicia xa rexistrou un primeiro foco, nunha residencia en Santiago onde se confirmaron cinco positivos, que se unen a outro en Caldas. Falamos de centros privados, polo momento ningún en residencias públicas. Imos falar con Áurea Casais, xerontóloga.