Estamos na sétima fin de semana de confinamento na casa. Unha duración na que se considera normal ter algunha dificultade para conciliar o sono. O problema vén cando esas noites se converten en algo habitual, é dicir, en insomnio. Imos dar algunhas claves para evitalo. Facémolo con Pablo Vicente, neurólogo da unidade do sono do hospital Álvaro Cunqueiro e membro da Sociedad Española do Sono.