Domingo, 6 de setembro... dentro de catro días as alumnas e os alumnos dos primeiros cursos de educación infantil volverán ás aulas despois de seis meses. Unha volta ao cole marcada polo coronavirus, que a converte na máis incerta que poidamos imaxinar. Por iso quixemos ter con nós hoxe a María Xosé Facal, psicopedagoga, para que nos dea ás nais e aos pais esas pautas necesarias para que todo transcorra dentro da maior normalidade posible.