Conxunto de actividades relativas á utilización e explotación das augas medicinais. Así define o dicionario da RAG o termalismo; un campo en que a nosa comunidade lidera a oferta estatal. Unha mención á parte merece Ourense; é a provincia de España cun maior número de concellos recoñecidos como vilas termais. Ademais, a capital é a segunda cidade europea con máis reservas de augas mineromedicinais, só por detrás de Budapest.  Mario Crecente, experto en termalismo e coordinador do libro Ourense, a provincia termal.