Din os traumatólogos que o seu impacto non está recoñecido, malia que se estima que a padecen uns 200 millóns de persoas no mundo. A osteoporose causa unha fractura de ósos cada 3 segundos. E que ademais é unha doenza que ten un impacto a longo prazo na calidade de vida dos que a padecen. Afecta sobre todo as mulleres despois da menopausia. De feito, nas mulleres maiores de 45 anos supón máis días de hospitalización que outras doenzas como a diabetes ou o cancro de mama.