Duns anos a esta parte, setembro pasou de ser o mes da volta á casa despois das vacacións a converterse nun mes elixido por moitos para viaxar. A irrupción da covid-19 nas nosas vidas freou as viaxes e tamén modificou a elección de destinos. Fabián Buezas é director comercial de Turismo InterRías e cóntanos que se agarda para este mes.