Compartirían coche cun ou varios descoñecidos para os seus desprazamentos, esporádicos ou habituais. Esta opción está gañando adeptos e é unha das preferidas polos galegos. Segundo os datos dunha plataforma dedicada a este método de viaxar, a finais de 2018 escollíano 210.000 persoas en Galicia. O motivo principal é o do aforro, pero non é o único. Imos preguntárllelo a dous dos seus usuarios, Fátima Nieves e Miguel Teixeira