A nosa é unha terra de cogomelos, diso non hai dúbida. Témolos en cantidade, moi variados e de moi boa calidade, pero ollo, porque no monte tamén hai cogomelos tóxicos, velenosos, e algúns que poden ser mortais. Así que en plena temporada de cogomelos querémoslles axudar a ter as cousas claras canto a cogomelos se refire, por iso temos con nós a Fernando Ramos, vicepresidente da Asociación Micolóxica Coruñesa.