Sororidade, irmandade entre mulleres, empoderamento, movemento feminista, no fondo, son palabras e termos que nos últimos tempos incluímos habitualmente no noso vocabulario e, ao tempo, na nosa sociedade é algo, o poder da muller, que temos ou deberiamos ter asumido neste século XXI, pero que pode vir de moito máis atrás do que pensamos, nada menos que do medievo. Unha investigación da USC pon en valor o papel da muller naquela época e nós quixemos traer a súa autora para que nos fale un pouco máis dela, Laura Camino.