Un pode participar nos que ten na súa zona ou visitando algún outro dos mais significativos que temos en toda Galicia e nas zonas raianas. Pero quen queira ter unha visión global de cómo é o Entroido galego, de como é cada iconografía ou vestiario, debe achegarse ao gran Museo do Entroido de Galicia situado en Xinzo de Limia. Neste museo recóllense representacións de todos e cada un dos nosos entroidos. Nós propoñémoslles unha visita virtual que vostedes deben completar.