É unha realidade que, lonxe de desaparecer, semella que vai a máis nos centros educativos. En 2017 denunciáronse máis de mil casos de acoso escolar en España, segundo datos do ministerio de Educación; aquí, en Galicia, os casos ascenderon a 71. Son actos que teñen consecuencias e que se non se tratan poden derivar en problemas e condutas psicolóxicas graves. Dando por sentado o dano que lle causan á vítima, hoxe queremos ver o acoso desde a outra perspectiva, a do acosador, que tamén sofre eses problemas. Facémolo da man de María Ferreiro, psicóloga.