É algo ao que nos estamos afacendo nos últimos anos, a presenza e o empoderamento das mulleres en numerosas esferas da vida pública dun país. Pero isto é algo exclusivo desta época ou ten unha base histórica? .sobre todo en Galicia onde sempre se falou dese matriarcado na nosa sociedade; para sabelo temos con nós a Ofelia Rey, catedrática de Historia Moderna da USC e autora da primeira Historia das mulleres en Galicia, entre os séculos XVI e XIX.