Se hai pescudas minuciosas, unha delas, se cadra, foi a que realizou a musicóloga suíza Dorothé Schubarth que, en 1978 veu a Galicia con intención de coñocer a nosa música popular, algo que repetiu varios anos. Foi quen nos falou, por primeira vez, da importancia das informantes. Continuando ese traballo, chega Dorothé na vila, un documental que xa foi recoñecido co II Premio Luísa Villalta. Acompáñannos dous dos creadores do documental, Olaia Tubío e Alejandro Gándara.