É unha reclamación que levamos tempo escoitando, a dos condutores que circulan habitualmente pola autoestrada AP-9, a que une as principais cidades do noso país. Dunha banda está o camiño para conseguir a gratuidade da peaxe, coa denuncia das prórrogas outorgadas a Audasa e, doutra, a denuncia polo cobro de supostas peaxes abusivas no momento das obras de ampliación da ponte de Rande. Esta última ten data de xuízo, unha das que se presentan nesa causa é ADICAE, hoxe temos con nós a súa secretaria xeral en Galicia, Ana Folgar.