Custodia é unha muller octoxenaria afeita a estar soa que non para quieta. Vai á piscina, aos recados, á praia, cas amigas... todo conducindo ela o flamante coche que comprou hai só 5 anos, cando xa pasaba dos 80. Di que non todos envellecemos igual e ela polo de agora, segue sentíndose moi ben ao volante.