A verdade é que en Galicia non será por espazos naturais nos que perdernos. Pouco a pouco, xa despois desta primeira semana fóra do estado de alarma, todo vai recuperando a súa normalidade, unha normalidade, xa saben, diferente á de antes do 14 de marzo, adaptada á convivencia coa covid-19. Falaba de espazos naturais, imos levalos ao único Parque Nacional que temos en Galicia, o das Illas Atlánticas, que recupera esa normalidade coa chegada dos primeiros visitantes tras o confinamento. Belén do Campo, directora xeral de Patimonio Natural.