Alumnado, profesorado e familias encaran os últimos días deste final do curso escolar atípico. Á falta do protocolo e das medidas máis concretas, xa sabemos que se retomarán as clases en setembro de xeito presencial. Pero como chegarán de preparados os rapaces e as rapazas despois deste último trimestre de ensino en liña? O que está claro, é que non todos tiveron o mesmo acceso ás ferramentas necesarias neste confinamento. Para que iso non se note neses alumnos no Val Miñor naceu unha Plataforma Solidaria Didáctica. Falamos coa súa coordinadora, Betty León.