A ludomanía está a aumentar nos últimos tempos co auxe das apostas deportivas e dos salóns de xogos. Unha problemática que está a desfacer cada vez máis familias, da que falamos con Francisco Gil e con Gerardo Rodríguez, presidente e secretario de Agalure. Hai cada vez máis xente enganchada ao póker en liña. Tampouco axuda a proliferación dos coñecidos como salóns de xogos ou casas de apostas. En Redondela están a loitar contra a instalación dun deste locais preto da zona escolar. Ademais do xogo, outra das estratexias que empregan estes locais para atraer xente é ofrecer comida e bebida a moi baixo prezo.